More servicesWindows Live
HomeHotmailSpacesOneCare
 
MSN
Sign in
 
 
Spaces home  O Recuncho de No CómbaroPhotosProfileFriendsMore Tools Explore the Spaces community

O Recuncho de No Cómbaro

Música de taberna

No Cómbaro

View spaceSend a message
Grupo pontes de música tradicional fundado no ano 2002.
Actualmente está formado por: Mari, pandeireta; Aurora, pandeireta e bombo; Raúl, Gaita e frauta traveseira; Carlos, tambor e clarinete; Michi, gaita e Lamas, gaita.
Podedes deixar algún comentario
  • May 06 9:40 PM
    boa idea, boa páxina, seguide asi......mercedes
  • Coralsolera
    May 06 6:10 PM
    HOLA AMIGOS, FELICIDADES POR LA PAGINA POIS DESDE LONXE PODEMOS VER AS BOAS MOVIDAS QUE PREPARADES, ANIMO E SEGIDE ADIANTE.SAUDOS MORENO
  • May 02 12:45 AM
    Nohoraboa polo espacio de Hotamail meu. Encantame. É un punto caralludo de información. Asi estou infomado do que facedes.

    Mil apertas.

    Chau meu!!!Vemonos!!!
July 23

O GAITEIRO FREIXO TOCARÁ EN PARDIÑAS

Freixo-20

O gaiteiro pontes "Freixo" de 90 anos de idade será o invitado de este ano para tocar no esceario pequeno de Pardiñas. Será o sábado, día 2 de Agosto as 18:00 horas.

June 10

FIN DE CURSO ESCOLAS MUNICIPALES

 
O VINDEIRO VENRES, 13 DE XUÑO REMATAMOS O CURSO DAS ESCOLAS MUNICIPALES DE MUSICA E BAILE TRADICIONAL.
A PARTIR DAS 20:00 HORAS NO CINE ALOVI CELEBRASE O FESTIVAL DE FIN DE CURSO DONDE ACTUARAN TODOS OS ALUMNOS MATRICULADOS NAS DIVERSAS MODALIDADES. O REMATE DO FESTIVAL SAIRASE EN PASARRUAS ATA O COLEXIO SANTA MARIA DONDE SE PROCEDERA A DEGUSTACION DE UNHOS PINCHOS E UN POUQUIÑO MAIS TARDE EMPEZARÁ A FESTA ATA BEN ENTRADA A NOITIÑA.
 
cartel
May 28

II ENCONTRO DE TOCADORES DE TROMPA

A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o próximo sábado 31 de Maio o II Encontro de Tocadores de Trompa. As actividades levaranse a cabo durante toda unha xornada na localidade da Fonsagrada, lugar de especial interese na historia deste instrumento, xa que aquí se conservou o seu uso ata os nosos días.

Nesta segunda edición do Encontro, contaremos cos principais tocadores de trompa de Galiza, e tamén faremos un achegamento á presenza deste instrumento en outras culturas. Será a través do recoñecido músico e investigador John Wright, quen impartirá unha interesante conferencia, que se completará cunhas clases prácticas para aprender a tocar a trompa.

A asistencia ao encontro e totalmente gratuíta. Aqueles que desexen mercar unha Trompa para asistir ás clases de iniciación, poderán facelo ese mesmo día, previa reserva, a través do seguinte teléfono, Fax ou enderezo electrónico:
Tlfno/Fax: 986 847 074
secretaria@gaiteirosgalegos.com

O programa do Encontro queda do seguinte xeito:

11:00h - “ A presenza da Trompa en Galiza e nas distintas culturas do mundo” Relatores: Natalia Regueiro, Luciano Pérez e John Wright
14:00h - Xantar
16:00h - Mostra de construción de Trompas: Oliverio Álvarez
16:45h - Clases de iniciación e técnicas para tocar a Trompa. John Wright
18:30h - Concerto de Trompa: Emilio O Pando, César Fernández, Pablo Carpintero, Daniel O pando, John Wright.
May 18

FOLIADA DE MAIO

 
Ultima Foliada da temporada.

CartelFoliada_Maio-08

O vindeiro venres, 30 de Maio rematamos as Foliadas de esta temporada. Para elo contamos para empezar cuns colegas de Ladrido (Ortigueira). Veterano grupo que lle gusta a festa e disfrutar dela.

Pra rematar temos o grupo local Os Suplentes que para a ocasión virán reforzados con unha ampla lista de colaboradores:

 

FRANCIS  ALMEIDA……….trompa galega

JORGE VAZQUEZ…………..acordeón

XURXO IGLESIAS………….bouzouki

XOAN CARLOS RILO……...gaita

ANGEL ALONSO…………...voz

BEGOÑA GONZALEZ……...voz

PATRICIA BARRO………….voz

SONIA CRUZ………………..voz

ALEXANDRE LEDO………..violín

ALICIA  CABARCOS…...…..violín

ANTÍA  VARELA …………..violín

CRISTINA MOIRÓN………..violín

JULIA  ARCA….……………violín

ROSALÍA  LÓPEZ…………..violín

SABELA   LÓPEZ…………...violín

 

April 30

Cartel commemorativo da V Repichoca

 
Cartel commemorativo par a ocasión. Adolfo en primeiro plano facendo o que lle gusta, nas fotos pequenas podense apreciar diferentes etapas da carreira de este músico gaiteiro e palleteiro.
 
 
Cartel Adolfo
 
 
 
 
Este video foi grabado no ano 2004 con motivo da celebración da 1ª Repichoca.
 
 
 
View more entries
 
Novas de interese
Videos de Nocómbaro
Direccions de interese
View space
MICHI
View space
Tony de lamas