| No Cómbaro's profileO Recuncho de No CómbaroPhotosBlogLists | Help |
O Recuncho de No CómbaroMúsica de taberna |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Música de No Cómbaro gravada cun mp3
Direccions de interese
|
PRESENTACIÓN DE GAIFONIAO domingo 19 de Xullo, ás 20:00 horas do serán, no transcurso do XIV Certame de Bandas de Música no auditorio municipal Cine Alovi de As Pontes, será presentado o libro GAIFONÍA.
Trátase de dúas obras musicais para gaita galega e banda: suite PARA OS DA NOSA TERRA e marcha procesional Á NOSA SEÑORA VIRXE DO CARME, ámbalas compostas polo Mestre Gaiteiro Xoán Carlos Rilo e harmonizadas e orquestradas para Banda polo director Joan Bautista Bernat. GAIFONÍA foi editado pola Excma. Deputación de A Coruña en colaboración co Concello de As Pontes. Con esta publicación, os autores pretenden principalmente dous obxectivos:
1.- Facilitar a calquera alumno que estude nos Conservatorios de Galicia o acceso a este tipo de obras que lle permitirá familiarizarse coa nosa música. XVI FESTIVAL DO RIO CASTRO Arranca unha nova edición do Festival do Río Castro, un clásico do verán que xa vai pola 16ª edición. SÁBADO, 4 DE XULLO. Apuntade este día na vosa axenda. Agardamos por vós, como sempre, no lugar da Bóla.
12.00 Concurso de merendas. 15.30 Xogos infantís co grupo Sapo Animación de Ferrol 17.00 Peter Punk , pertecente a Coperactiva Cultural mostrando un dos mellores espectáculos do clown galego, premiado como mellor espectáculo polo público do Festival Mundoclown 08. Tratase dun show para todos os públicos, con moi bo nivel de malabares e xogos e cunha divertida participación do público. Capionato de deporte Popular ,Tiro de corda, serrado con tronzador, chave, etc. 22.00 Música Tradicional co grupo BERROS DO CASTRO de Narahio. 23.00 Pesdelán , de Santiago. 00.00 Os Tres Trebóns , de Coruña 02.00 Ultraqans , d'A Coruña. NON SEN O NOSO NOME
NON SEN O NOSO NOME
A Asociación Os Chichisos vén de emitir un comunicado, para o que prega a máxima difusión, chamando a todos os grupos de gaiteiros e formacións tradicionais do país a reivindicar os seus dereitos e negarse a tocar naqueles eventos nos que o seu nome non aparece na publicidade do evento.
Como cada ano cando chega o verán, a nosa terra énchese de festas e romarías, e con elas o son das gaitas volve soar por camiños, corredoiras, adros, prazas e rueiros. Non hai acto festivo que se digne de selo que non conte co seu respectivo grupo de gaiteiros. E como cada ano, volveremos presenciar exemplos de tratos indignos, de menosprezos e de fallas de respecto cara a aqueles que son depositarios e transmisores da nosa música máis tradicional e auténtica, contra aqueles valedores da música da alma do pobo galego. Por iso, como cada ano, cómpre lembra-lo chamamento pola dignidade dos gaiteiros que o grupo de música tradicional Os Chichisos fixo no seu día. Os Chichisos FACEMOS UN CHAMAMENTO ÓS GAITEIROS GALEGOS, POLA DIGNIDADE DOS GAITEIROS E DOS MÚSICOS TRADICIONAIS: Este é un chamamento a tódolos gaiteiros do país, ós bardos da Tribo Aturuxo, á confradía do bombo, do tamboril e da gaita, á voz do pobo e da nosa alma. Un chamamento para que calen tódalas gaitas da Nazón de Breogán namentres os gaiteiros da nosa terra non reciban o trato digno que merecen. Un berro ós nosos irmáns do fol para que se neguen a tocar en toda festa, romaría ou foliada onde non apareza dignamente recollido no cartel da festa o seu nobre nome de gaiteiros. Rematemos co anonimato no país das gaitas. Xa o dicía o mestre don Ricardo Portela, igual que figuran o nome das orquestras ou dos patrocinadores ten que aparecer o dos gaiteiros; e se non, non tocamos. Estamos fartos de escoitar nos medios, de ler nos xornais ou de ver nos carteis de festas frases de menosprezo como “actuará un grupo de gaitas”, “haberá animación musical”, “tocarán uns gaiteiros” ou “haberá música de gaitas”. Non admitamos este degradante xeito de referirse á respectable actuación dun grupo de músicos tradicionais cun nome propio e un traballo, esforzo e ilusión detrás dese nome. Como di o noso himno; os tempos son chegados e agora que chega o verán, e o país estoupa en milleiros de festas é o momento de que digamos NON. NON sen o respecto que merece todo músico tradicional. NON sen o trato digno que se lle debe á nosa música. NON mentres o traballo do gaiteiro non sexa recoñecido como merece selo a figura máis representativa da nosa cultura e da nosa Terra. NON tocaremos se non figuramos no cartel. Irmáns da gaita, compañeiros da foula e a brincadeira, fillos da noite no muíño, pola dignidade da nosa música berremos sen medo: ¡ NON SEN O NOSO NOME !
VII FESTA RACHADA DA BAÑAO día 4 de xullo celébrase unha nova edición, e xa van sete, da FESTA RACHADA DA BAÑA. As actividades comezarán a partires das 13:00 h. na Area Recreativa Agra de Chans, en San Vicente da Baña, e prolongarase ata ben entrada a madrugada.
O programa deste ano conta coas seguintes actuacións: Xosé Marentes (A Fonsagrada) Armadanzas de Laraño A Requinta da Laxeira (Vedra) Tanto Nos Ten (Redondela) Tamén participarán grupos como Os Campantes da Baña, Os Enxebres de Cacheiras, Murga Os Revoltas, A Requinta de Xian, Vai de Roda de Rianxo, Os Pequenos (A Baña)... e moito máis. Levaranse a cabo obradoiros de xogos e baile tradicional e habilitarase unha zona de acampada. A organización quere convidar a todo aquel que guste da música tradicional a achegarse ata a Baña para participar coas súas gorxas e instrumentos nunha das festas máis rachadas do verán. NOITES DE TASCAO venres 26 de Xuño en Ordes
O grupo No Cómbaro, mais o gaiteiro Freixo de As Pontes están invitados po la organización a particpar en un roteiro que se fará ese día po la tarde recorrendo os bares do centro de Ordes.
O 6 de xuño do 2008 celebrouse a "1.ª Noites de Tasca" e queremos celebrar o seu 1.º ano de andaina con este Especial Aniversario ao que queremos convidarvos a todos os que sentides e disfrutades cos sons da música tradicional galega.
Lembrade, 26 de xuño, a partir das 19:00 h roteiro con grupos de gaitas polos bares de Ordes. E a partir das 22:00h no Bar-Restaurante O Tunel
ASAMBLEA ABERTA NA SALA NASAKomunicando.net vén de publicar un comunicado en relación aos cambios realizados recentemente na programación da Radio Galega , e en apoio á presenza da música galega en dito ente público. Extracto do Manifesto Básico pola Defensa da RTVG (Fonte: komunicando.net): Diante da eliminación da música galega do programa ABERTO POR REFORMAS , e en relación coa deformación e perversión dos seus contidos [...] entendemos que esta medida de eliminación da música en lingua galega supón un paso máis na política de represión, empobrecemento e marxinación que os responsábeis políticos da Xunta de Galiza están a realizar contra a lingua e a cultura dos galegos e galegas. Queremos denunciar, como xente preocupada pola nosa música e a nosa cultura, esta agresión dirixida –cunha intención política e simbólica evidente- contra un dos vehículos de comunicación do movemento de Rexurdimento Musical que as novas xeracións do mundo da música estamos a protagonizar, impulsado por unha sociedade que sabe valorar a súa creatividade. Queremos posicionarnos e defender de forma decidida, belixerante e irrenunciábel a presenza da música galega na nosa Radio Pública. Queremos dirixirnos á xente sensíbel coa nosa cultura e coa nosa música, para sumarse a esta denuncia, a esta reivindicación lexítima: A MÚSICA GALEGA DE VOLTA Á RÁDIO GALEGA! Pedimos que se restableza un programa diario que de conta dos traballos musicais editados en galego e que conte cos seus protagonistas e que a nova programación non elimine contidos culturais propios en todas as súas variantes: música, cine, libros e arte en xeral. Pode consultar o texto íntegro do manifesto e asinalo aquí. Asi mesmo, queda convocada unha Asemblea Aberta para tratar este tema e adoptar unha postura común, o sábado 13 de Xuño ás 12:30 h. na Sala NASA de Santiago de Compostela. Sala NASA San Lourenzo,51-53 B Santiago de Compostela FIN DE CURSO EEMM DE BAILE E MUSICA TRADICIONAL FIN DE CURSO 08-09
Escolas municipais de música e baile tradicional de As Pontes
As Escolas de música e baile tradicional de As Pontes rematan a temporada co festibal de fin de curso, o cal terá lugar no cine Alovi o día 12 de Xuño as 20:00 horas.
As clases foron impartidas po los mestr@s: Román, Zaira, Belén e Jorge nas modalidades de: gaita, percusión, baile, pandeireta, canto e acordeón respectivamente.
X ENCONTROS DE MUSICA TRADICIONAL
O día 6 de Xuño de 2009 celebrarase a X edición dos Encontros de Música Tradicional no Monsteiro de Carboeiro (Silleda). O programa é o seguinte: 13.00 h. SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra APERTURA DAS EXPOSICIÓNS: -BRINQUEDOS DE SEMPRE ASOC GALEGA DE XOGO TRADICIONAL E POPULAR MUSEO GALEGO DO XOGUETE (ALLARIZ) FUNDACIÓN RAQUEL CHAVES (VIGO) TEMPO DE XOGAR (LOURENZÁ) JULIO BALADO (LALÍN) LUIS PREGO (VIGO) MUSEO DA MARIONETA, CASA DO TÍTERE (LALÍN) -ANTÓN ALONSO RIOS. O SIÑOR AFRANIO COMISIÓN POLA MEMORIA SIÑOR AFRANIO ADELLÍS ASOC. SOCIO-CULTURAL FEIRA DE ARTESANÍA: coiro, prata, abalorios, cerámica, títeres... 15:00 h. XANTAR POPULAR (empanada, carne ó caldeiro, queixo con marmelo, pan, viño/auga, café -12€) DURANTE A TARDE: XOGOS TRADICIONAIS PARA CATIVOS/AS E MAIORES COA ASOC. GALEGA DE XOGO TRADICIONAL E POPULAR BOTA CONTAS PERO BOTA CONTOS con Celsiño Fndez. Sanmartín Grupo da 3ª Idade da aula municipal de teatro “ANXO CASAL” de Arzúa coa obra "A AVOA VAI Ó BAILE" POLA NOITE: FOLIADA ACAMPADA á beira do río Deza Máis información chamando ao 658 62 82 39 FOLIADA EN AS PONTESVenres, 29 de Maio
Chegamos a última Foliada de esta temporada con cartel de luxo. Contamos co grupo Alxibeira de Narón, os cales participarán coas secions de gaita e percusión, cantareiras e baile tradicional. Esta formación xa nos había ter visitado no mes de Xaneiro pero un ciclón chamado Klaus que pasou por aquí non o permiteo.
E para rematar, o prato forte da temporada. Dende o Bierzo chega o grupo Folk Antubel, contan xa con tres discos gravados dende o ano 1999, data da sua fundación. Nos seos temas, moitos de eles de composición propia, falaránnos de meigas, lendas e feitizos.
No seo repertorio tamén encontraremos temas tradicionales galegos, de feito a gaita galega e un dos instrumentos que empregan.
Mais información en: www.antubel.es
Antubel (Bierzo)
VI REPICHOCA DAS PONTESVI REPICHOCA
Domingo, 26 de Abril
Un ano mais vense a celebrar a xa consagrada REPICHOCA pontesa, imos xa po la VI edición. Dende fai uns anos e aproveitando a ocasión, os gaiteiros de As Pontes decidimos rendirlle unha pequena homenaxe a unha serie de xente que consideramos dedicaron gran parte da sua vida a manter e a divulgar a música tradicional da nosa terra.
Este ano o elexido e o "caixeiro" dos Ponteses Da Silva. El foi un dos fundadores no ano 1965 do cuarteto Tradicional Os Ponteses, agrupación que anos mais tarde transformaríase en charanga na cal segue activo a día de hoxe.
A programación de dito acontecemento constará dos seguintes actos:
- As 13 horas xuntarémonos po los arredores do parque do Campo da Feira para ir tocando ata a Fraga po las distintas rúas da Vila.
- As 14 horas xantar no local do pulpo de A Fraga donde se degustará o seguinte menú: Pulpo, churrasco, postre, café e ......(todo preparado por unha pulpeira para a ocasión por 25 € para os adultos e 11 para os nenos menores de 11 anos). Para elo están a venda os tikes correspondentes.
- As 16 horas lectura dun escrito adicado o homenaxeado.
- E de seguido Repichoca a esgallo, ata que os corpiños aguanten.
Para quen non coñeza o entorno do parque da Fraga de As Pontes, aí van unhas fotos actuais:
Lugar da celebración da VI Repichoca
A Fraga Nova
Rio Eume
Paseo Fluvial
Paseo Fluvial
Se chove, estaremos a cuberto
A Fraga Vella
O video que aparece mais abaixo foi grabado no ano 2004 con motivo da celebración da 1ª Repichoca.
Non esquecedes que calqueira se pode apuntar e participar, vide a disfrutar con nos e traede os instrumentos.
Os interesados deberán contactar con:
- Benito - Jaime - José Manuel Teléfonos de contacto: 654164018 - 619571961
Na seguinte ligazon podese ver a Publicación que fixeron en Amigus o día 14 de Abril do 2009.
O Cura de XestosoEntrevista no Diario El Progreso a
Luis Ángel Rodríguez Patiño
O Cura de Xestoso
Premendo no seguinte enlace, podes abrir ou descargar a entrevista en documento pdf.
Romaría do Corpo SantoEste ano a asociación de veciños de churio propuxose recuperar a antiga Romeria do Corpo Santo, na actualidade , hai moitos romeiros que veñen as misas neste dia , pero dende a asociación de veciños pretendemos recuperar a tradición para que despois das misas e a procesión poidamos todos disfrutar dun xantar popular. Confecionaremos coma sempre a nosa alfombra de flores entre todolos veciños. Comenzaremos pola mañá cediño cos gaiteiros dando unha alborada por todo o pobo , despois acodiremos a igrexa para a procesión tradicional , e logo baixaremos ate a explanada do local social de Churio e bailaremos o son de pasodobles , xotas , rumbas e muiñeiras, todo iso regado con un bó vermuth , logo pasaremos ó xantar que será coma nas antigas romarias ... cada un levará as suas viandas e compartiremos todos un bó ambiente. Despois do xantar e o café quen queira poderá sacar os instrumentos.... e festa. O longo da tarde haberá moitas sorpresas , xogos populares , e a veiriña da noite contaremos coa gran actuación do Grupo NARANJA que seran os encargados de facernos bailar pola noite.
Xornal El ProgresoPlubicación no xornal El Progreso. 7 de Abril de 2009
Descarga do arquivo en pdf.
Venres de LareiraVenres de Lareira
Venres, 10 de Abril no bar A Lareira
A partir do vindeiro venres, 10 de Abril, o bar A Lareira ofrécenos o local contiguo ao bar para utilizalo cada segundo venres de cada mes en exclusiva para @s gaiteir@s e simpatizantes. Entre as 21 e as 24 horas a xente que se achegue poderá, de un xeito mais ou menos organizado, demostrar as suas cualidades de música, baile, canto, regueifa, etc. etc.
Imprescindible traer instrumentos, as gorxas afinadas e os musculos relaxados para intentar botar unha baila.
V FOLIADA de MELIDEEstimados amigos e amigas:
Convidámosvos a participar nas diferentes actividades da V FOLIADA de MELIDE, que se celebrará o 25 e 26 de abril. Serán dúas xornadas adicadas a nosa cultura, música, artesanía e tradicións, onde por suposto no faltará a festa Achegámosvos un programa da mesma e agardamos que nos axudedes a darlle a máxima difusión. Graciñas
Para ver a programación da Foliada, pincha no seguinte ligazon.
Para mais información podedes consultar a seguinte páxina:
FOLIADA DE MARZO 2009O próximo venres, 27 de Marzo contaremos coa banda de música Folk pioneira de esta modalidade musical nas Pontes. A banda xa fundada nos anos 90 presentaráse no Lar coas recentes incorporacions de xente nova con moita calidade.
No seguinte ligazon podedes ver algo de Muxarega
XORNADAS DE BAILE TRADICIONAL DA A.G.G.A Asociación de Gaiteiros Galegos presenta as Primeiras Xornadas de Baile Tradicional coa intención de cubrir a demanda existente por parte dos nosos asociados e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, e dando así un importante paso no noso camiño para tentar abarcar tódalas manifestacións culturais tradicionais.
Durante estas Xornadas analizarase o estado do baile tradicional en Galiza, tomando as medidas oportunas para a súa normalización, potenciando o seu ensino e propoñendo materiais, métodos e actividades que o acheguen, non só ao ámbito das asociacións culturais, senón ao mesmo ensino oficial público e privado. As Xornadas de Baile Tradicional están pensadas, en primeiro termo, para os profesionais do mundo da danza e do ensino en xeral; pretenden ser unha ferramenta para o desenvolvemento da súa actividade cotiá, proporcionándolles os coñecementos e materiais precisos para facer máis sinxela e efectiva a súa labor. Pero tamén están orientadas a todos aqueles interesados na cultura galega, xa sexan profesionais ou non, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo no debate para mellorar e dinamizar a nosa tradición. Para asistir a estas Xornadas de Baile Tradicional, que se celebrarán o sábado 7 de Marzo no Centro Sociocultural do Castiñeiriño de Santiago de Compostela (Virxe de Fátima, s/n), é necesaria unha inscrición previa, que deberá realizarse antes do 4 de Marzo, a través do teléfono 986 847 074. Esta inscrición é totalmente gratuíta. FOLIADA DE FEBREIRO NAS PONTESO venres 27 de Febreiro continuamos coas FOLIADAS na Cafetería Lar.
Este mes tócalle o turno ao Grupo tradicional pontés No Cómbaro que aproveitará a ocasión para presentar en público a un novo compoñente, e tamén con un repertorio moi renovado, pero sen esquecer que a sua especialidade segue a ser a Música de Taberna.
Para rematar debutará outro grupo pontés de canto tradicional co nome de AIRIÑOS DA VEIGA DA NATA. Ainda que levan tempo ensaiando, esta será a sua primeira actuación en público.
O grupo formase basicamente coa idea de fomentar un pouquiño mais o canto popular da nosa comarca, pois actualmente pensamos que non pasa polo seu mellor momento.
Ao remate das actuacions programadas seguirá a festa con repichoca a esgallo para quen queira participar, traede os instrumentos. VEN RESPIRAR 2009VENRESPIRAR 2009!!!
COMEZAN DE NOVO, OS VENRESPIRAR EN OURENSE!!!
FESTAS ITINERANTES DE MÚSICA E BAILE, ORGANIZADOS POR "ALGARAVÍA" E "AOFT GOMES MOURO".
REALÍZANSE EN DIFERENTES LOCALES DA CIDADE DE OURENSE E COINCIDEN ESTE ANO, NO PRIMEIRO VENRES DE CADA MES SALVO EN MAIO, QUE SERÁ O SEGUNDO, O DIA 8, (COMEZAN AS 22:30)
AQUÍ TEDES AS DATAS E LUGARES:
6 de febreiro......Grándola
6 de marzo........Foula
3 de abril...........A Efémera
8 de maio..........Don Gaetano
5 de xuño..........Ollo Ledo ESTAS FESTAS ESTÁN ABERTAS A TODA A XENTE QUE QUEIRA VIR E PARTICIPAR, XA SEXA TOCANDO, BAILANDO, CANTANDO OU SIMPLEMENTE
TOMÁNDOLLE ALGO E DISFRUTANDO DO AMBIENTE
QUEDADES TODOS CONVIDADOS A VIR E PARTICIPAR!!!
FOLIADA DE XANEIROVenres, 30 de Xaneiro
A Agrupación Alxibeira de Narón colaborará con nos na 22 Foliada correspondente o mes de Xaneiro.
Desplazaranse ata As Pontes coas suas seccions de: Gaita e Percusión, Cantareiras e Baile tradicional.
Estades invitad@s a participar, e lembrade levar instrumentos para seguila festa.
|
Videos de Nocómbaro
¡ Ei vai !
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|