![]() |
|
Spaces home O Recuncho de No CómbaroPhotosProfileFriends | ![]() |
|
|
June 10 FIN DE CURSO ESCOLAS MUNICIPALESO VINDEIRO VENRES, 13 DE XUÑO REMATAMOS O CURSO DAS ESCOLAS MUNICIPALES DE MUSICA E BAILE TRADICIONAL.
A PARTIR DAS 20:00 HORAS NO CINE ALOVI CELEBRASE O FESTIVAL DE FIN DE CURSO DONDE ACTUARAN TODOS OS ALUMNOS MATRICULADOS NAS DIVERSAS MODALIDADES. O REMATE DO FESTIVAL SAIRASE EN PASARRUAS ATA O COLEXIO SANTA MARIA DONDE SE PROCEDERA A DEGUSTACION DE UNHOS PINCHOS E UN POUQUIÑO MAIS TARDE EMPEZARÁ A FESTA ATA BEN ENTRADA A NOITIÑA.
May 28 II ENCONTRO DE TOCADORES DE TROMPA A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o próximo sábado 31 de Maio o II Encontro de Tocadores de Trompa. As actividades levaranse a cabo durante toda unha xornada na localidade da Fonsagrada, lugar de especial interese na historia deste instrumento, xa que aquí se conservou o seu uso ata os nosos días.Nesta segunda edición do Encontro, contaremos cos principais tocadores de trompa de Galiza, e tamén faremos un achegamento á presenza deste instrumento en outras culturas. Será a través do recoñecido músico e investigador John Wright, quen impartirá unha interesante conferencia, que se completará cunhas clases prácticas para aprender a tocar a trompa. A asistencia ao encontro e totalmente gratuíta. Aqueles que desexen mercar unha Trompa para asistir ás clases de iniciación, poderán facelo ese mesmo día, previa reserva, a través do seguinte teléfono, Fax ou enderezo electrónico: Tlfno/Fax: 986 847 074 secretaria@gaiteirosgalegos.com O programa do Encontro queda do seguinte xeito: 11:00h - “ A presenza da Trompa en Galiza e nas distintas culturas do mundo” Relatores: Natalia Regueiro, Luciano Pérez e John Wright 14:00h - Xantar 16:00h - Mostra de construción de Trompas: Oliverio Álvarez 16:45h - Clases de iniciación e técnicas para tocar a Trompa. John Wright 18:30h - Concerto de Trompa: Emilio O Pando, César Fernández, Pablo Carpintero, Daniel O pando, John Wright. May 18 FOLIADA DE MAIOUltima Foliada da temporada.
O vindeiro venres, 30 de Maio rematamos as Foliadas de esta temporada. Para elo contamos para empezar cuns colegas de Ladrido (Ortigueira). Veterano grupo que lle gusta a festa e disfrutar dela. Pra rematar temos o grupo local Os Suplentes que para a ocasión virán reforzados con unha ampla lista de colaboradores:
FRANCIS ALMEIDA……….trompa galega JORGE VAZQUEZ…………..acordeón XURXO IGLESIAS………….bouzouki XOAN CARLOS RILO……...gaita ANGEL ALONSO…………...voz BEGOÑA GONZALEZ……...voz PATRICIA BARRO………….voz SONIA CRUZ………………..voz ALEXANDRE LEDO………..violín ALICIA CABARCOS…...…..violín ANTÍA VARELA …………..violín CRISTINA MOIRÓN………..violín JULIA ARCA….……………violín ROSALÍA LÓPEZ…………..violín SABELA LÓPEZ…………...violín
April 28 V Repichoca Vila de As PontesALALA : XOSÉ MANUEL BUDIÑOO luns 28 de Abril poderemos ver un novo capítulo do programa Alalá que fará un repaso da traxectoria dun dos gaiteiros máis coñecidos do panorama musical galego: Xosé Manuel Budiño. April 18 Foliada de Abril-08Cartel para a foliada de Abril.
Ante as moitas solicitudes que nos chegan de grupos que queren participar na foliada, este mes tivemos que poñer tres.
O primeiro componse de rapaces do conservatorio que utilizarán instrumentos de vento e facendo música un pouco distinta do habitual.
O segundo grupo de nome Cacharela, moi coñecido pola mariña lucense, e totalmente tradicional, chega dende Covas (Viveiro).
O terceiro e un "cuarteto de cinco" de nome Licor de Toxo, feito exclusivamente para a ocasión. Nos seus compoñentes podemos destacar a presenza de Sandra Tamayo, gaiteira murciana que está a estudar en Santiago, ademais do resto de compoñentes que non queren moita propaganda, todos eles tocan en grupos ben coñecidos. |
|
|